Volver

Alameda e Xardíns de Colón e de Vincenti

A alameda de Pontevedra responde a un deseño do arquitecto Sesmero de 1882. No ano 1927 o arquitecto Laureano Salgado executa un proxecto que pecha o perímetro deste espazo, naquela altura un privilexiado miradoiro sobre a ría. Unha escalinata, dúas grandes columnas estriadas coroadas por dous leóns con ás e, nos seus laterais, decoración cerámica con pinturas do artista Carlos Sobrino.

Este pintor, representativo do movemento galeguista e romántico, integrou no seu estilo influxos do art decó, o modernismo e a estampa xaponesa, dando lugar a un estilo propio que gozaba do favor do público.

Nos lenzos cerámicos da alameda represéntanse un total de vintetrés estampas postais (catorce nun lado e nove ao outro), representativas da provincia de Pontevedra: Combarro, A Lanzada, Tui, a Praza da Leña, etc... todas elas transferidas do papel á cerámica pola empresa sevillana Mensaque Triana, fundada en 1846.

A Alameda leva oficialmente o nome do arquitecto Sesmero. No extremo situado fronte a Casa do Concello levántase o monumento aos Heroes de Ponte Sampaio, construído en 1911 para lembrar a victoria obtida nesta localidade sobre as topas napoleónicas en 1808. O resto conserva o chan térreo con amplas avenidas delimitadas por filas de ameneiros, plataneiros e carballos.

A Pontevedra heterodoxa

Dende mediados do século XIX até 1936, varias xeracións de pontevedreses prenderon a luz do librepensamento, do laicismo, dos ideais de fraternidade e xustiza social. Sempre contracorrente, a memoria destes pontevedreses non sempre foi recoñecida pola Pontevedra oficial.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar