Volver

A Torre Vella

Fortaleza vencellada á liñaxe dos Aldao, cuxas posesións foron arrasadas por Pedro Madruga, Conde de Camiña, cando tomou polas armas a cidade medieval de Tui. O cotiño coñecido como A Torre Vella, situado 200 metros ao este do edificio barroco coñecido como Pazo de Gondar, acollía unha fortaleza amurallada e ameada que constaba de foxo e contrafoxo.

Este outeiro natural de case 9000 m2 de dimensións máximas, presenta forma ovalada e elévase un máximo 40 metros sobre as terras de labor do contorno, conferíndolle unhas cualidades defensivas naturais óptimas.

Os veciños máis lonxevos de Frieiro e A Igrexa recordan que aínda era visible o foxo que pechaba perimetralmente o coto, que permanecía cheo de auga habitualmente, dando lugar a explicacións máis ou menos fabuladas sobre a súa razón de ser.

Os veciños aseguran que existe un tunel entre o Monte do Castro / Castro de Xeve e o outeiro de A Torre Vella.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar