Volver

A Moureira

Son todas casas de semisoto cunha gran porta cara o río e planta baixa cara á rúa traseira, hoxe San Roque de Abaixo, o segundo andar visto desde o río.

A planta baixa servía de almacén para os aparellos de pesca e de salgadoiro; o andar, de vivenda. Algunhas teñen o bancal corrido con desaugadoiro que utilizaban os pescadores da Moureira para lañar e salgar a sardiña, a pescada e o congro. 

Roteiro das Moureiras

Pontevedra foi durante o século XVI a poboación máis rica e populosa e Galicia, o que lle debe á enerxía dos poboadores das Moureiras, que fixeron da pesca a súa principal industria.

Tes fotos, vídeos ou máis información? Entra co teu usuario e envíanolos para completar a ficha!

Non estás rexistrado/a?
Podes facelo nun intre dende aquí.

Tamén che pode interesar